Galicia Escena PRO anuncia a selección de espectáculos tanto en formato completo como en formato pitching

Galicia Escena PRO anuncia a selección de espectáculos tanto en formato completo como en formato pitching

A comisión conformada por Marta Núñez (Adulto), Begoña Llamosas (Infantil / Familiar), Raquel Hernández (Novas linguaxes) e Juan Rodríguez (en representación de Escena Galega) vén de anunciar a selección de espectáculos que participarán en Galicia Escena PRO 2019, tanto en formato completo como en formato pitching. Son as seguintes:

ESPECTÁCULOS EN FORMATO COMPLETO

ADULTO:
 
A compañeira de piso, de  Contraproducións
Bernarda,de Malasombra Producións
Despois das ondas, de ButacaZero - Deputación da Coruña
Dúas donas que bailan, de Teatro do Atlántico
Idiota, de Redrum Teatro
Involución, de Compañía N+1
Liberto, de Amarelas Producións
O empapelado amarelo, de A quinta do cuadrante
 
INFANTIL/FAMILIAR:
 
A toupiña que quería saber quen lle fixera iso na cabeza, de A xanela do maxín
Circopeta, de Odaiko
Mai Mai, de Baobab Teatro
Ummm!!!,  de Avento Producións Teatrais
 
NOVAS LINGUAXES:
 
A gala, de Licenciada Sotelo
As vacacións máis longas, de Diego M. Buceta
Deixa de tocala,Sam, de AveLina Pérez & Velpister
Pink Unicorns, de La Macana
 
TEATRO DE RÚA:
 
OhOlimpiadas!!!, de Compañía Sincronacidas
 
 
PROXECTOS EN FORMATO PITCHING
 
C´est pas possible!, de Marta Iglesias
Clausura do amor, de Cámara Negra Producións
Dreaming Juliet, de Elefante Elegante
Illas desertas, de Artesa Cía.
Lixo, de O baúl da tía Tola
Nun cuarto da rotonda, de Acusmaster Opus
O mel non caduca, de Ibuprofeno Teatro
Os nenos da varíola, de Pérez&Fernández
Todas as marabillas do mundo, de Producións Dispersas
Voa, voa!, de Talía Teatro


Completarán a programación un espectáculo seleccionado da Comunidade de Madrid (MADferia) e dous espectáculos seleccionados entre Cantabria, Asturias e Euskadi (Camiño Escena Norte). Esta selección engadirá á programación de Galicia Escena PRO 2019 un espectáculo de adulto, un de infantil/familiar e outro de novas linguaxes.

ESCENA GALEGA COORGANIZA POR PRIMEIRA VEZ COA AGADIC GALICIA ESCENA PRO

Será a primeira vez na que a asociación estea presenta na organización do mercado galego das artes escénicas.

ESCENA GALEGA COORGANIZA POR PRIMEIRA VEZ COA AGADIC GALICIA ESCENA PRO

Escena Galega considera de interese prioritario para o sector das artes escénicas profesionais en Galicia o mercado Galicia Escena PRO, por iso neste 2019 entra por vez primeira nun proceso compartido de traballo para a coorganización do evento en colaboración coa AGADIC.

Galicia Escena PRO terá lugar en diversos escenarios de Santiago de Compostela, e na actualidade Escena Galega traballa en ideas e propostas para a mellora da área profesional desta feira, nunha proposta de dirección artística compartida por un grupo de profesionais de recoñecido prestixio no sector, así como en diversas ideas para a implementación das necesidades de produción.

FORMACIÓN EN DESEÑO GRÁFICO E EDICIÓN DE AUDIO/VÍDEO PARA AS NOSAS COMPAÑÍAS.

Iñaki Quenerapú impartiu a última acción formativa do ano no programa de Escena Galega.

FORMACIÓN EN DESEÑO GRÁFICO E EDICIÓN DE AUDIO/VÍDEO PARA AS NOSAS COMPAÑÍAS.

O último curso de formación do 2018 dentro do programa formativo de Escena Galega para as súas compañías asociadas consistiu nun obradoiro exprés de deseño de material gráfico e edición de audio e vídeo, enfocado ao traballo e necesidades das empresas de artes escénicas a nivel de comunicación e distribución das súas producións. 

A actividade foi impartida polo docente Iñaki Quenerapú e contou con 8 horas de formación intensiva e un xantar de traballo compartido entre docente e alumnado.

Este obradoiro ven de completar as accións formativas deste ano, sendo as dúas anteriores un taller de distribución de produtos escénicos impartido por Nines Carrascal, comisaria de Mercartes, e outro de produción impartido por Toni Tarrida, xefe de produción de Mercat de les Flors.

ESCENA GALEGA NO CULTURGAL 2018.

Como unha das 5 asociacións promotoras do Culturgal, elaboramos un amplo programa de actividade.

ESCENA GALEGA NO CULTURGAL 2018.

Escena Galega tomou parte na 11ª edición do Culturgal, a Feira Galega das Industrias Culturais que impulsamos xunto coas asociacións sectoriais AGAPI, AGEM, EGANET e AGE.

Como xa é habitual nos últimos anos a xornada do venres 30 adicámola ao foro profesional das nosas xornadas, que este ano baixo o título "Unha escena galega para o futuro: na busca de novos modelos e sinerxias para a xestión e creación en artes escénicas", contaron con distintos bloques: un sobre xestión de espazos e proxectos de creación, outros sobre axudas públicas ás artes escénicas e por último unha mesa de debate intersectorial.

Contamos con convidados/as de Portugal, Bilbao, Sabadell e Barcelona, entre outros.

Na xornada do sábado 1 organizamos unha xuntanza de traballo da comisión organizadora do proxecto Camiño Escena Norte, que presentamos tamén no Espazo Foro acompañados/as dos nosos parceiros profesionais en Asturias (EscenAsturias), Cantabria (ACEPAE) e País Vasco (Eskena) O proxecto está na busca de financiamento definitivo e agardamos contar cunha primeira edición en setembro de 2019. Toda a info pódese consultar en www.escenanorte.com

Ademais doutra presentación no stand o domingo pola tarde, Escena Galega contou cun espazo corporativo no recinto feiral, na idea de que o stand da asociación sirva para visibilizar o traballo das súa compañías asociadas. Por segundo ano, contamos co noso photocall de apoio ás artes escénicas profesionais galegas, polo que pasou público xeral, así como persoeiros/as da nosa cultura, representantes políticos e institucionais.

Quieres formar parte de Escena Galega?

Únete a Escena Galega y disfruta de todos los beneficios de nuestros asociados.

Ver condiciones

Líneas de contacto de Escena Galega

Dirección

Rúa Castiñeiro, 10 local 9
15894, Os Tilos-Teo
A Coruña

Contacto

+34 605 263 755
info@escenagalega.gal

Síguenos

login